EH Bildu maniféstase pola soberanía en Bilbo gravad@s por orde da Audiencia Nacional

O tribunal español ordenou @s axentes da Garda Civil, a policía española e a Ertzaintza que gravasen a mobilización que congregou a milleiros de persoas en Bilbo

photo_camera [Imaxes: EH Bildu]

Máis de 2.000 persoas acudiron á manifestación convocada por EH Bildu esta sexta feira en Bilbo baixo o lema «Sasi guztien gainetik, Euskal Herria martxan».

A Audiencia Nacional española ordenara o día anterior ás Forzas de Seguridade do Estado (Garda Civil. policía e Ertzaintza) que gravasen con cámaras de vídeo a manifestación. Durante a media hora que durou a macha polas rúas da cidade @s axentes acompañaron @s manifestantes executando as ordes chegadas desde o tribunal español. 

Axentes da policía española, Garda Civil e Ertzaintza gravaron a manifestación por orde da Audiencia Nacional

Desde a organización abertzale consideran que a medida constitúe unha volta de porca ao control desenvolvido pola Delegación do Goberno español e vén a se sumar á campaña emprendida contra a txupinera Jone Artola. 

Na mobilización, da que tomaron parte  Laura Mintegi, Oskar Matute, Joseba Permach, Hasier Arraiz, Unai Ziarreta o Tasio Erkizia e Niko Moreno, EH Bildu denunciou que "Madrid buscará sempre unha excusa para seguir criminalizando". Porén, a organización abertzale reiterou o seu compromiso cos acordos da Conferencia de Aiete aos que dixo, continuará a "alimentar e consolidar" na procura da resolución do conflito. 

Comentarios