Indiscutíbel maioría abertzale nas eleccións en Euskadi

O PNV atinxiu 27 deputad@s, EH Bildu acada 21 na súa irrupción parlamentar, o PSE logra 16, o PP 10 e UPyD 1.
Eh Bildu

As eleccións vascas deixaron o novo mapa político de Euskadi após un ano de cese ao fogo de ETA e a apertura dun novo escenario político. Neste mapamundi das tres provincias que compoñen Euskal Herria e que estaban citadas coas urnas, o nacionalismo resultou o gran vencedor, ao atinxir 48 dos 75 escanos. O PNV foi a formación máis votada e logrou 27 parlamentari@s malia perder 16.000 votos e tres escanos.

EH Bildu irumpeu con forza nestas eleccións, entrando na Cámara cun discurso sen complexos pola independencia e a xustiza social que lle reportou 21 deputad@s grazas aos 277.000 votos obtidos. Deste xeito, a coalición da esquerda abertzale posicionase como segunda forza, desbancando o PSE.

@s socialistas perden nove deputad@s e desplómanse en caladoiros de votos tradicionais. O PP, pola súa banda, baixa a súa representación en 3 deputad@s.

UPyD mantén o escano que ten grazas á sobrerepresentación de Araba.

Comentarios