Bildu ofrécese a aliarse co PNV se este "rompe co PSOE e muda a política económica"

Hasier Arraiz, dirixente de Sortu, propón unha grande coalición abertzale que “cambie de modelo e deixe de facer políticas seguidistas de Madrid” e mesmo suxire a posibilidade de que a súa formación entre no Goberno autónomo vasco.

Acto de EH Bildu en el BEC (Marisol RAMIREZ / ARGAZKI PRESS)
photo_camera Acto de EH Bildu no BEC (Marisol RAMIREZ / ARGAZKI PRESS)

O presidente de Sortu e parlamentario de EH Bildu, Hasier Arraiz, propúxolle ao PNV que “rompa” os seus acordos co PSE-PSOE e tendeu “a man" ao lehendakari, Iñigo Urkullu, para chegar a acordos que leven a Euskal Herria a saír da crise, mesmo deslizando a posibilidade de entrar no Goberno de Gasteiz.

Arraiz asegura que a coalición soberanista está disposta a “mollarse” para ofrecerlle axuda ao Goberno do PNV co fin de “cambiar de modelo e deixar de facer políticas seguidistas do que ditan desde Madrid”. “Queremos manifestar un compromiso real, sincero e honesto de sentármonos nunha mesa para chegar a acordos con Urkullu e a súa xente pensando en, man a man, sacar a este país da crise”, dixo.

EH Bildu presentou 150 medidas "para saír da crise" que considera que poden supoñer un punto de partida para negociar co PNV

Neste sentido, o dirixente da esquerda abertzale recordou que Bildu presentou 150 medidas, “que non teñen por que ser aceptadas polo lehendakari na súa totalidade, pero forman unha base para  sentar e chegar a acordos que sirvan para superar a actual conxuntura económica”.

Harraiz mesmo suxeriu a posibilidade de que Bildu entrase no Goberno da comunidade autónoma vasca xunto ao PNV se este acepta mudanzas, tal e como se entendeu após el insistiren en que están dispostos a “adquirir responsabilidades, dado o preocupante da situación para tanta xente”.

Comentarios