Axentes da Ertzaintza cargan en Hernani e ábrenlle a cabeza a unha senadora de Amaiur

A tensión recrúa en Euskadi após o golpe da Audiencia Nacional contra Herrira, o colectivo que defende os dereitos d@s pres@s de ETA.

Senadora Amaiur
photo_camera A senadora Amara Mendizaba, após a carga

Mentres efectivos da Guardia Civil -o corpo militar español- rexistaban as oficinas de Herrira en Hernani, axentes da Ertzaintza formaban un cinto de seguranza fronte a varias ducias de persoas que se concentraron para expresaren o seu protesto polo que consideran acción represora do Estado español.

A tensión foi moi alta en todo momento, con cruzamento de insultos e golpes entre manifestantes e ertaintzas. Nun momento dado, e segundo informa Naiz, tomando como base o testemuño de varios dos alí presentes, a policía vasca cargou contra as persoas concentradas de forma moi violenta.

Entre elas achábase a senadora de Amaiur Amara Mendizaba, que resultou con feridas na cabeza. A dirixente independentista, segundo di Amaiur, identificouse como senadora ante os axentes da Ertzaintza e tentou rebaixar a tensión. Foi en van. A carga levouna por diante.

Depois de os ertaintzas mallar nas e nos manifestantes, os axentes da Guardia Civil, unha vez concluído o rexisto, leváronse detidos a un total de 10 membros de Herrari, que se achaban reunidos no seu local.

Comentarios