Inés del Río abandona a prisión de Teixeiro após 26 anos de cadea

A presa basca abandonou a primeira hora da tarde o cárcere de Teixeiro. Após a sentenza ditada polo Tribunal europeo de Dereitos Humanos a Audiencia Nacional española decretou a súa posta en liberdade por unanimidade, tamén co apoio da Fiscalía Xeral do Estado. Londres tamén decreta a posta en liberdade condicional de Antonio Troitiño, quen se achaba preso na capital británica en espera de ser extraditado.

Inés del Río abandonou esta terza feira a primeira hora da tarde a prisión de Teixeiro (Curtis) onde cumpría condena desde o pasado ano 2008. Del Río Prada foi posta en liberdade por orde da Audiencia Nacional española após a sentenza decretada polo Tribunal europeo de Dereitos Humanos en que considerou ilegal a aplicación con carácter retroactivo da doutina Parot. 

A presa basca cumpriu 26 anos de condena.

Aliás, Antonio Troitiño será posto en liberdade condicional por orde do Tribunal Supremo londinense. Troitiño permaneceu en prisión durante 24 anos, séndolle aplicada a doutrina Parot con carácter retroactivo após o seu excarceramento en 2011. 

A AN decretou a súa posta en liberdade de Del Río por unanimidade

Após a xuntanza desenvolvida esta terza feira no pleno da Audiencia nacional española, @s xuíces acordaron por unanimidade a saída da prisión da membro de ETA Inés del Río após cumprir 26 anos de condena. O Tribunal de Estrasburgo considerou nunha sentenza decretada a pasada segunda feira que a aplicación ao seu caso da doutrina Parot --con carácter retroactivo-- vulnerou o Convenio europeo de Dereitos Humanos

O Tribunal deberá pronunciarse nas vindeiras semanas a respeito doutr@s pres@s @s que lles foi aplicada con retroactividade a doutrina Parot

A xuntanza decorrida en Madrid prologouse durante máis de dúas horas. Na mesma, o Fiscal do Estado amosouse favorábel ao cumprimento do fallo emitido polo TEDH pois, asegurou, a sentenza "non dá ningunha elección". A Corte europea, explicou, foi "clara á hora de indicar a medida requerida para pór remedio ao dereito ou dereitos vulnerados", segundo recolle Naiz. 

E é que para o Tribunal europeo a aplicación da doutrina Parot á presa basca --con carácter retroactivo-- supón unha violación dos artigos 7 e 5.1 do devandito convenio, referidos aos principios de igualdade e liberdade. "Sen lei non hai castigo", indicou a Corte. 

Inés del Río atopábase cumprindo a condena na prisión de Teixeiro, lugar a onde se desprazaron familiares e amig@s.

A Audiencia Nacional española deberá pronunciarse a respeito do caso de 55 pres@s máis @s que ao igual que Del Río Prada lles foi aplicada a doutrina Parot con carácter retroactivo. 

Comentarios