Audiencia Nacional arquiva a causa contra o medio vasco Apurtu 3 anos despois de pechalo

Na operación policial desenvolvida en xaneiro de 2011 en Nafarroa ademais de clausurar o medio de comunicación detívose a 4 xornalistas. A xustiza española recoñece agora que non hai probas contra eles.

apurtu

O 19 de xaneiro de 2011 dotacións da Garda Civil tomaban fortemente armados varios barrios e vilas de Nafarroa para deter a catro xornalistas nunha operación decretada polo xuíz da Audiencia Nacional Grande Marlaska e xustificada polo ministro Rubalcaba como un “novo golpe a ETA”. A operación implicou o peche dun medio de comunicación, Apurtu, acusado de ser voceiro do entorno etarra.

Algún dos xornalistas estivo preso ata 18 meses, tempo que pasou dispersado en cárceres lonxe de Euskal Herria

Tres anos despois, a Audiencia Nacional española arquiva a causa contra Apurtu e recoñece que non hai probas dabondo. Oihane Odria, Edurne Sauza, Koldo García y Miguel Ángel Llamas ‘Pitu’ compareceron ante os medios para preguntar “Como é posíbel que un medio de comunicación sexa pechado e as persoas que traballan nel detidas e que posteriormente arquiven a causa e se limiten a decirnos ‘sentímolo’?”.

Estas catro persoas lembran que cando foron detidos houbo unha verdadeira vaga mediática a condenalos e acusalos, seguindo paso a paso a versión do Ministerio do Interior. Mais eses mesmos medios, apuntan, non lles adican nin unha soa liña agora que a Audiencia Nacional arquivou a causa contra eles.

Comentarios