Sortu ten xa máis militantes que PSE e PP malia faltar un mes para a súa fundación

A organización da esquerda abertzale, Sortu, ten xa máis de 6.000 militantes, malia faltar un mes para a súa constitución formal como partido.
Sortu
photo_camera Sortu

Aínda falta un mes para que Sortu complete formalmente a súa constitución como partido político, coa realización do seu Congreso fundacional o 23 de febreiro. Mais xa posúe alén de 6.000 militantes, unha cifra superior a que posúen en Euskadi partidos como PSOE ou PP.  As predecesoras de Sortu como organismos políticos da esquerda abertzale (Herri Batasuna ou Batasuna) carecían desta categoría de militante ou afiliad@. 

Sortu atópase na carreira final do seu proceso constituínte, no cal se realizaron máis de 240 asembleas en vilas e barrios de Euskal Herria. Neste proceso téñense recibido pola volta de 400 enmendas dos e das participantes aos documentos presentados para o debate. 

Os relatorios da organización da esquerda abertzale abordan cuestións como a "confrontación democrática" e a "desobediencia civil" no camiño para a construción de Euskal Herria como nación e de cara a súa independencia.

O dirixente abertzale Pernando Barrena recoñece que algundas das cuestións que están a centrar o debate nos relatorios son os que se centran na definición de socialismo, a impronta feminista de Sortu ou ben o modelo de relación no eido europeo.

Comentarios