Absolt@s 40 independentistas acusad@s de pertencer a Segi

A setenza emitida pola Audiencia Nacional española invalida as declaracións obtidas pola policía durante a incomunicación ao considerar que non foron obtidas en "exercicio da súa liberdade". 

naiz
photo_camera [Imaxe J.J.GUILLÉN/EFE]

A sentenza feita pública pola Audiencia Nacional española esta cuarta feira (11 de xuño) en relación ao macroxuízo contra 40 moz@s independentistas basc@s, dá un duro golpe ás forzas policiais. Para alén de ficaren absolt@s todas as persoas acusadas de pertenza á ilegalizada Segi --organización xuvenil-- o pleno do tribunal declarou non válidas as declaracións obtidas polas forzas policiais durante o período de incomunicación ao que foron sometid@s @s moz@s. 

Segundo o texto da sentenza recollido polo diario Naiz.info @s xuíces coidan que as declaracións @s moz@s non prestaron declaración "en exercicio da súa liberdade" polo que, de acordo coa Convención contra a Tortura "todo Estado" debe "asegurarse de que ningunha declaración" poida "ser invocada como proba nun procedemento" de se demostrar que foi "feita como resultado de tortura". 

A sentenza sinala a incomunicación como "unha situación de especial risco para os dereitos humanos"

Cumpre lembrar que na vista oral @s acusad@s denunciaron teren sido vítimas de vexacións e torturas por parte da policía española. Un feito que, no entanto, a Audiencia Nacional di "non é obxecto do xuízo decidir se algún deles foi sometida" a tratos degradantes durante os interrogatorios. Así as cousas, para alén de declarar a invalidez das probas achegadas polos axentes lembra no texto da sentenza que a incomunicación constitúe "unha situación de especial risco para os dereitos humanos do detido", de novo apelando á devandita Convención. 

A Audiencia Nacional absolveu @s 40 acusad@s de pertencer á ilegada Segi logo de concluír que non se acreditou no proceso xudicial a "afiliación ou militancia" das persoas xulgadas a esa organización. Unicamente a súa participación en «Gazte independentistak». Un colectivo que, di a sentenza, "non se vinculou, nen planificou, nen promocionou, nen dirixiu accións de violencia na rúa, nen consta que configurase grupos para executala". 

Así mesmo, o tribunal rexeita que os Gaztetxes --centros sociais-- foran espazos controlados por Segi, como afirmaba o Ministerio Fiscal. Pola contra, sinala que constitúen "espazos ideoloxicamente plurais e con intereses diversos, que representan expresións que van desde o feminismo ao ambientalismo, os problemas do ensino secundario e universitario, o acceso á vivenda, a problemática do consumo de drogas, o lecer e o deporte, a música e outras manifestacións da cultura popular". 

Comentarios