A maioría sindical vasca convoca unha folga no sector público para o 31 de maio

ELA, LAB, STEE-EILAS e ESK chaman á "defensa dos servizos de tod@s"

Os sindicatos ELA, LAB, STEE-EILAS e ESK veñen de convocar para o vindeiro 31 de maio unha xornada de folga no sector público de Hego Euskal Herria en defensa "duns servizos públicos universais, gratuitos e de calidade".Os catro sindicatos reclaman ás institucións vascas e navarras que non apliquen "as medidas de Madrid" e deixen sen efecto "as medidas restritivas tomadas até o de agora".

"Non serve só realizar bonitos discursos", advertiron os responsábeis das catro centrais nunha comparecencia conxunta en Bilbo.

Alén diso, estes sindicatos reivindican políticas de creación de emprego e a modificación das políticas fiscais, reforzando os servizos públicos, "máis necesarios ca nunca".

Comentarios