A Ertzantza detén a 6 moz@s condenad@s por ser de Segi após sacar a rastro ás 800 persoas do 'muro solidario'

Un cento de `beltzas' (antidisturbios da Ertzantza) precisaron dúas horas para sacar a rastro e unha por unha en Donosti ás oitocentas persoas que conformaron o 'muro humano' que arroupaba a estes mozos desde o martes, día en que o TS ditou que tiñan que cumprir até 8 anos de prisión por militar en Segi

euskadi

Até 40 furgonetas da Ertzaintza rodearon desde as seis da mañá o Boulevard donostiarra para proceder á detención de 6 dos 8 mozos vascos para os que o Tribunal Supremo pide até 8 anos de prisión por militar en Segi, a ilegalizada organización xuvenil da esquerda abertzale.

Os beltzas (antidisturbios da ertzaintza) investiron dúas horas en retirar unha a unha ás persoas que conformaron un 'muro solidario' para arroupar aos condenados.

Puñadas, patadas e ameazas

"Es unha zorra. Habería que violarvos a todas" ou "Libras porque hai cámaras mais ímosche partir a cara a hostias" son algunhas das frases dos antidisturbios aos e ás concentradas , segundo estemuñas presentes no lugar.

Varias das persoas solidarias cos condenados denunciaron patadas, puñadas e insultos de todo tipo, para alén de ameazas. Segundo recolle Naiz, o primeiro que fixo a policía autonómica ao chegar foi expulsar aos xornalistas, aínda que posteriormente permitíronlles achegarse ao Boulevard

Condenados en virtude da teoría de que 'Todo es ETA'

O Tribunal Supremo (TS) ratificou o 8 de abril a condena de seis anos de prisión imposta a Imanol Vicente, Nahikari Otaegi, Ekaitz Ezkerra, Aitor Olaizola, Adur Fernández, Oier Lorente, MIkel Arretxe e Egoi Alberdi. Acusábaos de pertecencer ou colaborar con ETA. Como proba, a fiscalía achegaba a militancia destes mozos e mozas en Segi, a organización xuvenil da esquerdas abertzale ilegalizada en base á garzonada de que 'Todo es ETA'.

Comentarios