Aurore Martin é militante de Batasuna, unha organización ilegalizada no Estado español mais totalmente legal en Francia. Aliás, Aurore ten a nacionalidade francesa. Malia estas circunstancias, Aurore vén de ser detida en Maule por xendarmes franceses para ser entregada á garda civil española, corpo que a porá á disposición de Audiencia Nacional, que a relaciona cun dos múltiples procesos deste tribunal español contra o tecido de organizacións políticas da esquerda abertzale.
En concreto, Aurore Martin está imputada polo sumario 4/08. Outra causa de motivación política dirixida no seu día por Baltasar Garzón en que nun principio foron imputadas 43 persoas pola súa relación con ANV, EHAK-PCTV e con outras formacións políticas presuntamente vencelladas a Batasuna, declarada ilegal polos tribunais españois en 2003. Mais na Francia, Batasuna é legal. Garzón, porén, acusou a Martin de tentar organizar Batasuna nas provincias vascas baixo sobernaía española.
Aurore Martin é militante de Batasuna, unha organización ilegalizada no Estado español mais totalmente legal en Francia. Aliás, Aurore ten a nacionalidade francesa
A esquerda gala critica a actuación e [email protected] da dereita, tamén
A detención de Martin xerou unha vaga de reaccións. Non só en Euskal Herria, onde diferentes colectivos e organizacións políticas criticaron esta actuación. Senón tamén en Francia. Así, tanto Partido Comunista como o Partido Socialista, para alén doutras formacións e colectivos. E mesmo desde a gaullista UMP, que é a organización do ex-presidente Sarkozy, [email protected] [email protected] amosaron a súa disconformidade coa detención.
[email protected], [email protected] e representantes institucionais de organismos da zona de Iparralde (O País Vasco baixo soberanía francesa) tamén se sumaron ao rexeitamento a esta actuación, incidindo en que non ten sentido ningún no actual escenario político e social, para alén de lembrar que Batasuna é legal en Francia.
Protexida por 5.000 [email protected]
Non é a primeira vez que a xendarmería francesa intenta deter a Aurore Martin para a poñer en mans da Audiencia Nacional española. Tentouno en Baiona en xuño de 2011. Mais foille imposíbel, pois a vila foi tomada por milleiros de [email protected] que lograron que Aurore, que xa estaba esposada pola xendarmeria, ficase en liberdade. Entre a maré solidaria había veciñ@s, militantes e simpatizantes da esquerda abertzale e representantes de colectivos sociais, ambientais, ou culturais para alén de representantes institucionais de diferentes partidos franceses.