A Deputación de Gipuzkoa distingue a Egin e Egunkaria, periódicos clausurados polo Estado español

O Consello de Deputad@s aprobou conceder dúas Pracas de Ouro conmemorativas a estes dous proxectos xornalísticos, pechados polo Estado español, en recoñecemento da importancia do seu labor para Euskal Herria 

Egunkaria

A Deputación de Gipuzkoa vai conceder a súa Medalla de Ouro ao escultor Néstor Barrenetxea en recoñecemento da súa traxectoria artística. Mais foron as designacións a recibir a Praza de Ouro as que non gustaron ren no unionismo. O Consello de Deputad@s gipuzkoan@s acordou conceder unha destas ao Egin e outra a Egunkaria. Ambos os dous xornais vascos. Ambos os dous pechados polo Estado español en base á teoría elaborada polo xuíz Garzón e coñecida popularmente como a de 'Todo es ETA'.

Os peches destes xornais son calificados pola Deputación como "ataques salvaxes contra a liberdade de expresión"

Neste recoñecemento, sinálase que Egin, clausurado hai quince anos por orde do xuíz Baltasar Garzón, nun dos “ataques máis salvaxes contra a liberdade de expresión”. A Deputación lembra que Egin naceu en 1977 após as achegas de ducias de milleiros de cidadáns e tras “axitar o panorama político vasco” durante 21 anos e “facer fronte a tempestades” foi “vítima da agresiñon do Goberno dereitista de España”. 

No que atinxe a ‘Euskaldunon Egunkaria’, a institución foral resalta que “fixo periodismo cunha ampla independencia e foi “un dos poucos proxectos que na historia de Euskal Herria do século XX foi quen de poñer deunir a euskaldúns de toda condición e ideoloxía”. Das cinzas deste proxecto, e grazas ao apoio e implicación de milleiros de vasc@s, naceu Berria


 

Comentarios