Quico valeiras: escrita en tensión

"O poema non pode suplanta-lo verbo do rito", declara solemne Quico Valeiras (O Carballiño, 1990) nun verso do seu último libro, O Elo. É esta unha obra senlleira que asina en conxunto con Emma Pedreira, autora das colaxes que dialogan, en nivel de equidade, coas palabras deste ensaio lírico que se artella no gonzo dos rituais de ligazón, para expandir olladas e reflexións sobre conceptos tan complexos e conflitivos como "o sagrado". Este poemario chegaba ao pouco de coñecermos que a libraría Chan da Pólvora, xestionada polo autor, non reabriría após o confinamento.
Quico valeiras (Foto: Rubén L. Taín).
photo_camera Quico valeiras (Foto: Rubén L. Taín).
Quico Valeiras encarna inevitabelmente na lembranza de moitas a figura do libreiro-poeta, como xestor da libraría especializada en poesía Chan da Pólvora. O barrio compostelán de San Pedro aínda…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios