Francisco Rodríguez: "Que Galiza tiña todas as potencialidades para ser unha nación con Estado é unha realidade contundente"

Á volta de 1972, Francisco Rodríguez escribía no seu libro sobre Curros Enríquez que no século XIX e na Baixa Idade Media atopábanse moitas das chaves que explicaban a situación da Galiza. Cinco décadas despois achega unha publicación, Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I A relevancia do reino medieval galego, editado pola AS-PG, resultado de moitos anos investigación, onde percorre a historia do reino da Galiza, cunha especial dedicación aos feitos acontecidos no século XIV. O vindeiro 9 de febreiro presenta no Museo do Pobo Galego, en Compostela, o primeiro tomo da investigación. Na entrevista publicada no semanario "Sermos Galiza" deste sábado -que se vende co Nós Diario- desvendamos algunhas das claves da nova publicación.
Francisco Rodríguez (Foto: Arxina)
photo_camera Francisco Rodríguez (Foto: Arxina)
Por que lle dá tanta importancia á segunda metade do século XIV ? Porque realmente significa a primeira fenda de importancia que se produciu para estabelecer a dependencia da Galiza e o comezo…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios