Abe Rábade: "Neste disco, o galego non é un ingrediente máis, é unha parte que, dalgunha maneira, lle dá sentido a todo o conxunto".

"Botánica. Bailan a modiño co espazo comendo a propia luz. Viven sen plan previo cos finais do seu ambiente. Lentura e silencio". Este texto de Abe Rábade preside o seu disco número quince, Botánica, no que presenta un proxecto no que o jazz se entrelaza coa música tradicional, coa de cámara, co pop, para dar con algo novo. Se cadra, nunca chegara tan lonxe, abríndose a unhas texturas que, partindo da idea metafórica do bosque, alcanzan mesmo unha forma diferente de afrontar a creación e, por que non, a vida. Un ecosistema musical inédito e sorprendente.
Abe Rábade emprega a metáfora do bosque para crear a música de 'Botánica'.
photo_camera Abe Rábade emprega a metáfora do bosque para crear a música de 'Botánica'.
Por que Botánica ?  Nestes últimos dous anos, a partir da pandemia, unha das cousas que máis me chamaron a atención foron as plantas, e os espazos naturais en xeral. O espazo concreto da…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios