Yolanda Díaz aposta por unha democracia “extensiva e aberta”

Onte tivo lugar en Vigo o mitin da Alternativa Galega de Esquerda en que Yolanda Díaz interveu acompañada por integrantes da candidatura pontevedresa e máis Xosé Manuel Beiras.
Yolanda Díaz en Vigo
photo_camera Yolanda Díaz en Vigo

Vigo foi unha das últimas paradas da campaña da Alternativa Galega de Esquerda. A coalición deu un mitin nunha das salas so Centro Cultural Caixanova, en que interviñeron @s candidat@s por Pontevedra, Eva Solla, Chelo Martínez e Juan Fajardo, así como Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Na súa intervención Díaz afirmou que “a democracia non é soamente votar cada catro anos, a democracia é ter dereito a unha vivenda digna, a un traballo, a un salario digno, dereito a sanidade, ter dereitos”. Neste sentido, apostou por unha democracia “extensiva, aberta, e pasar dos recortes á apertura como saída da situación actual”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Beiras, quen presentou a AGE como “ferramenta ponte coa sociedade civil”, asegurou que “hai alternativa para todos os sectores produtivos”, facendo mención expresa á minería, a pedra, a pesca, a gandería ou a enerxía.

Comentarios