Xesús Seixo, secretario xeral da CIG: "Hai un sector da poboación que non quixo ver o prexudicial das políticas do PP"

Xesús Seixo, secretario xeral da CIG
Suso Seixo, secretario xeral da CIG, palestrando onte en Vigo
photo_camera Suso Seixo, secretario xeral da CIG, palestrando onte en Vigo

Como valora o resultado das eleccións?

Hai un sector importante da poboación galega que non viu ou non quixo ver as consecuencias prexudiciais para a maoría social e para o país das políticas do PP. Mais temos que ter en conta que o Partido Popular ten un enorme poder non só político, senón mediático e económico que é quen de distorsionar a realidade

Que escenario considera que se abre tras o resultado as urnas?

Desde a CIG non imos renunciar ás mobilizacións e ás dinámicas de contestación a esas políticas, porque sabemos que van contra a poboacion e o país. Independentemente da maioría que vén de obtr o PP, iso non debe ocultar nin facernos esquecer que hai un amplo sector da poboación que non respaldou esa alternativa. E, é máis, que as políticas do PP van incluso contra os intereses e realidades de moitos dos seus votantes. Por iso imos manter a dinámica de contestación

Comentarios