Torcuato Teixeira, avogado: "Levei unha gran sorpresa polos resultados"

Avogado e presidente de PescaGalicia-O Barco
Torcuato Teixeira
photo_camera Torcuato Teixeira

Como valora os resultados destas eleccións?

Levei unha grande sorpresa polos resultados xa que non contaba con que o PP revalidara coa que esta caendo. Outra sorpresa foi a baixada do BNG, non tanto a do PSOE.

Que supoñen para o seu sector?

Xa dixen en público en moitas ocasións que eu non tiven moitos problemas con esta conselleira, tiña máis coa anterior do PSOE. Cousas que mellorar sempre hai, ou algunhas que eu faría doutro xeito. Temos puntos de vista diferentes, ela desde a perspectiva do PP, que é o que é, e eu coa idea máis centrada en Galiza, con ter máis competencias.

Comentarios