Rosa Díez no cartaz electoral de UPyD en Galiza

Compartirá protagonismo co candidato á presidencia da Xunta, José Canedo, nun cartaz cuxos textos estarán integramente en español.
Cartel electoral de UPyD para o 21-O
photo_camera Cartel electoral de UPyD para o 21-O

Unión Progreso y Democracia vén de facer público, a través da súa conta oficial na rede social Twitter, o cartel electoral que empregarán durante a campaña das eleccións galegas do 21-O.

A peza estará presidida polo lema “Somos libres” e o elemento central será unha fotografía onde partillan protagonismo José Canedo, o seu candidato á presidencia da Xunta e máis Rosa Díez, líder estatal da forza de dereita españolista.

O pouco texto que figura no cartel estará impreso integramente en español, remarcando o perfil galegófobo da formación.

Comentarios