Primeiro vídeo de campaña do PT

Homenaxean o médico Ramón Obella Vidal, fundador de Zeltia, e a súa idea de autodeterminación funcional.

O Partido da Terra (PT) abriu unha canle de Youtube e fixo público o seu primeiro vídeo electoral que entrará nas emisións dos espazos gratuítos da CRTVG e RTVE na Galiza. Gravado nunha horta, nel falan a candidata pola Terra do Barbanza, Iolanda Mato, e o candidato pola Terra da Louriña, Carlos Outeiral Mininho. Comeza lembrando o ideario do médico e histórico militante galeguista Ramón Obella Vidal, fundador de Zéltia, que dicia que "as persoas deben xestionar as súas institucións" comezando polas parroquias e mancomunidades. A proposta do PT é a autodeterminación funcional, unha idea que xa contaba no histórico galeguismo de Carvalho Calero, Fernandez del Riego e Plácido Castro.

O PT apoia a "democracia aberta" con formulas como o "concello aberto"

Nos trinta segundos de duración o PT apoia a "democracia aberta" con formulas como o "concello aberto". Tamén apostan por unha "desprofesionalización da vida política" baseándose nunha "participación directa e activa". O PT considera "esencial" a recuperación da soberania real, "a nosa soberanía para decidir como cidadás e cidadáns, reclamando o noso dereito e deliberación directa e soberana como medio de expresión da vontade política e xurídica".

Comentarios