PP e PSOE enlean a conta da Lei de Augas

Os populares acusan a Pachi Vázquez de eludir tramitar a Lei de Augas cando era conselleiro de Medio Ambiente, malia gastar 150.000 euros na elaboración do texto, para evitar o desgaste político da medida

A lei de augas, unha medida aprobada pola Xunta de Feijóo na lexislatura que vén de rematar, enlea populares e socialistas en plena campaña electoral. Perante as acusacións do candidato do PSOE pola provincia da Coruña, Francisco Caamaño, sobre o impacto deste canon en milleiros de galeg@s, o PP optou por lembrar que tamén os socialistas apoiaban esta medida.

Así, o PP sinala que o candidato do PSOE á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, investiu 150.000 euros na elaboración dun canon de auga cando era conselleiro de Medio Ambiente. E que só o temor ao desgaste da súa aprobación lle fixo aparcar a aprobación do canon.

Alén diso, os populares afirman que a proposta de canon que naquela altura manexaba Pachi Vázquez contemplaba a creación de catro novos impostos. E, a maiores, lembra que en territorios gobernados polo PSOE se aplicou este tipo de taxa.

Oposición

A oposición ao canon de augas que o PP aprobou nesta pasada lexislatura reuniu diferentes colectivos e entidades veciñais e produtivas, para alén de organizacións como o BNG