Pachi Vázquez pide que as manifestacións se convirtan en votos contra o PP

O candidato do PSOE afirma que cando a Xunta di que paga as facturas en 45 días “prodúcese unha gargallada xeral”.
Pachi Vázquez en Ares
photo_camera Pachi Vázquez en Ares

O candidato do PSOE á Xunta de Galiza, Pachi Vázquez, mantivo unha xuntanza coa veciñanza en Ares, onde criticou os recortes de Rajoy e Feijóo e dixo que “a mellor manifestación contra os que están desmontando a educación pública, pechando escolas, despedindo profesores, quitando libros de texto gratuítos e reducindo bolsas, é votar o domingo”.

Vázquez sinalou que a saída desta crise implica “un cambio de modelo, que pasa por apostar pola educación, o coñecemento e a innovación”. “España e Galicia teñen a taxa de fracaso escolar máis alto de Europa, e non podemos competir en coñecemento se desmantelamos o sistema público de educación”, dixo.

Por último, o candidato socialista respondeu as palabras feitas polo presidente da Xunta en sede oficial. “Feijóo dixo que o goberno galego paga as facturas en 45 días, e produciuse unha gargallada xeral, porque todo o empresariado sabe que o goberno tarda meses en pagar”. “Contra isto eu comprométome a dicir a verdade, ter solidez, atender os problemas da xente e fundamentalmente o do emprego”, rematou.

Comentarios