O Comité Nacional do PSdeG ratifica a Pachi Vázquez como candidato á Xunta

Foi ratificado por 'aclamación', o que provocou o voto en contra do exalcalde de Cedeira, disconforme con ese procedemento
Foto: PSdeG
photo_camera Foto: PSdeG

Pachi Vázquez será o candidato do PSdeG-PSOE á Xunta da Galiza ao ser ratificado este 1 de setembro polo Consello Nacional d@s socialistas galeg@s. A fratificación fíxose por 'aclamación' dos presentes, e non por votación, o que xerou a disconformidade do ex alcalde de Cedeira, que pediu que quedase constancia da súa oposición a ese procedemento.

Vázquez, que estivo apoiado por Rubalcaba, secretario xeral do PSOE, centrou o seu discurso en criticar o mandato de Feijóo, que calificou de nefasto para Galiza, alén de esbozar as liñas mestras do prograa dos socialistas, que se basearían na defensa do autogoberno galego e en desenvolver medidas contra a crise. O socialista tamén anunciou que retiraría o decreto de Feijóo sobre o galego e que poría fin aos concertos con colexios que segregan por sexos. 

Comentarios