O BNG empraza @s deputad@s do PP no Congreso para votaren non ao decreto das preferentes

O candidato do BNG, Francisco Jorquera, empraza “o señor Feijóo para que defenda os intereses da sociedade galega, das ducias de miles de pequenos aforradores que en Galiza foron enganados á hora de subscribir este produto”.
Jorquera, na Festa dos Callos de Salceda
photo_camera Jorquera, na Festa dos Callos de Salceda

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, emprazou hoxe en Salceda de Caselas, onde asistiu á Festa dos Calles, a Núñez Feijoo a que lle pida aos deputados e deputadas  galegas do PP no Congreso que voten en contra do decreto aprobado a sexta polo goberno de Rajoy "que impón que as miles de persoas galegas afectadas polas preferentes teñan que perder até o 70% dos seus aforros". Jorquera pediu “ao señor Feijóo que defenda os intereses da sociedade galega, das ducias de miles de pequen@s aforrador@s que en Galiza foron enganados á hora de subscribir este produto”.

“Por iso, demándolle que inste o goberno Central para que derogue este decreto e que @s deputad@s galeg@s do PP no Congreso, incluído o señor Collarte, voten en contra deste decreto, como fará o BNG, porque o BNG sempre pon por diante os intereses de Galiza”, concluíu Jorquera.

 “O señor Feijoo dixo en Soutomaior que Galiza non lle fallará ao PP, eu digo hoxe que o BNG non lle fallará a Galiza"

Jorquera contrapuxo que se “o señor Feijoo dixo en Soutomaior que Galiza non lle fallará ao PP, eu digo hoxe que o BNG non lle fallará a Galiza, porque a sociedade galega o que reclama é forzas políticas que poñan por diante os intereses da sociedade, de Galiza, antes que os intereses de partido”.

Neste sentido, subliñou que “nas participacións preferentes temos un exemplo: ao mesmo tempo que Feijoo facía estas manifestacións a policía cargaba contra as vítimas desta estafa masiva”.

Comentarios