Afiliad@s de CxG desbotan alianzas electorais a calquer prezo

Afirman nun comunicado que "acadar representación parlamentaria, a cambio de renunciar ó que de radicalmente anovador ten Compromiso, é un absurdo"
Foto: @Rafiklalin
photo_camera Foto: @Rafiklalin

Un grupo de militantes e afiliados de Compromiso por Galicia, "de diferentes sensibilidades e niveis de responsabilidade", vén de emitir un comunicado polo cal advirten do perigo de que, coa urxencia electoral, se confronten dous planos: A creación dunha alternativa electoral viábel "que poida aspirar a ocupar un relevante lugar na confianza d@s galeg@s" e, por outro lado, os tempos propios do "desenvolvemento dun proxecto político galeguista e progresista, afastado do sectarismo nacionalista e do sucursalismo doutras opcións políticas".

Para os asinantes deste escrito, "a urxencia das eleccións pode levar a primar o primeiro obxectivo sen atender ó risco de diluír o proxecto político de Compromiso por Galicia nun maremagnum de siglas, de personalidades pretéritas do nacionalismo, de reivindicacións maximalistas e de ortodoxias afastadas do sentir maioritario da pobo galego. Acadar representación parlamentaria, a cambio de renunciar ó que de radicalmente anovador ten Compromiso, representa para nós un absurdo".

Requisitos mínimos

En base a estes argumentos, estas e estes afiliados consideran que calquera alianza de CxG debe cumprir tres requisitos mínimos: Un programa político orientado á Xunta "co seu nivel actual de competencias e as súas capacidades económicas, normativas e políticas", que os postos iniciais das candidaturas saian de primarias abertras á cidadanía; e a exclusión de "introducir elementos con vencellos e subordinacións a estruturas de fóra do noso país" (no que se entende coo unha clara referencia a IU).

Para as e os asinantes, "cumpridos estes requisitos mínimos, a participación de Compromiso por Galicia en calquera alianza electoral pode conxugar o obxectivo de desprazar do poder ó conservadurismo radical, ós que poñen atrancos ó potencial galego, así como o obxectivo de garantir a viabilidade futura dun proxecto nacional e progresista".

Asinantes: Inhigo Jesus Ansotegi Suárez, Xurxo López González, Jacobo García Domínguez, Saúl Santín Da Branca.Lugo, Cristian López Vázquez, Carlos Durán Estan, Manuel Piñeiro González., Xosé Mosquera Casero, José Manuel Pantín Morado, Roi Lamas Baños, Antía Rodríguez Neira, Manoel Bello Salvado, Alexandre Fernández Pino, Domingo Iglesias Couceiro, Luis Cavada Currais, Belén Galdo Espada, Manuel Pacior Pérez, Rosendo Gonzalo Covelo Roma, Xaime Da Pena Ceide, Xosé Paradelo PomboSimón Caaveiro Fraga e Pilar Neira Martínez.

Comentarios