Militantes das mocidades de CxG e Anova avogan por unha coalición entre ambas organizacións

Piden un "referente electoral xenuinamente galego" que defenda o autogoberno e o estado de benestar

Construir unha coalición que sexa "un referente electoral único e xenuinamente galego"  e cara aos comicios do 21 de outubro. Esta é a petición apoiada por unha vintena de mozos de Compromiso por Galicia e Anova para que calle unha fórmula entre ámbalas dúas forzas neses comicios. Nun comunicado conxunto, os asiantes afirman que "asumimos que a unidade de acción electoral entre ambos proxectos políticos é total e absolutamente necesaria nun contexto como o que estamos a vivir, de recentralización no ámbito nacional e de agresión ao conxunto da cidadanía no ámbito social".

Alén diso, coinciden est@s moz@s en que "entendemos como prioritario a confección dun programa de mínimos cos seguintes piares: en primeiro lugar, o reforzamento da identidade nacional de Galiza e do seu autogoberno; en segundo termo, a blindaxe dun ensino e dunha sanidade públicas como piares da Sociedade do Benestar; e finalmente, a radicalidade democrática, concretada na defensa da democracia e nunha nova forma de facer e entender a política".

Xa `por último, no comunicado afirman que "cremos firmamente nos valores republicanos e de participación, polo que avogamos por un proceso de escolla de candidatos “de abaixo a arriba” cun proceso de listas abertas no que poderán participar os militantes, simpatizantes e a cidadanía que así o desexe".

AsinantesRafael José Adalid Rodríguez, Xerardo Díaz Casal, Millán Fernández López, Jesús Alberto Galego Cendán, Balbina Gándara Antelo, Alberto Grandal, Pablo Guimeráns Sanjorge, Paulo Carlos López López, Rocío López Pacio, Jorge Melero de la Calle, Robert Piñeiro Díez, Miguel Quintas Pedras, Miguel Rei Tarrío, Manuel Seijas Caamaño, Ángel Tallón Sánchez, Sara Torreiro Rodríguez, Pablo Tortajada Bermúdez, Paula Turnes Quintás, Alberte Villamarín Rodríguez, Xabier Ignacio Villares Naveira

Comentarios