Menos participación a estas horas e incidentes no colexio electoral de Feijóo

O secretario xeral da presidencia asegurou que ás 12 horas votou un 12,71% do electorado. A preguntas da prensa confirma incidentes no colexio electoral de Feijóo
Segunda comparecencia
photo_camera Segunda comparecencia

Ás 12 horas votou un 12,71% da votación, unha participación menor que en 2009 que foi do 16,1%. Por provincias na Coruña votou un 12,42%, en Lugo un 12,97%, en Ourense un 15,73 e en Pontevedra un 11,91%.

Nesta mesma comparecencia, respondendo á prensa, Valeriano Martínez confirmou incidentes no colexio electoral no que votou Alberto Núñez Feijóo. Non quixo entrar en detalles do acontecido e sinalou que haberá máis datos na comparecencia das 17:30 horas.

Comentarios