Mar Vila, sindicalista agraria: “Agora endurecerán as súas políticas”

Licenciada en Políticas e sindicalista da FRUGA
Mar Vila
photo_camera Mar Vila

Pode darnos unha valoración dos resultados?

Reafirman que a campaña agresiva do Partido Popular funcionou e que agora endurecerán as súas políticas.

Cal sería a repercusión dos mesmos?

Tomarán máis medidas de recortes sociais, e serán aínda máis duras que até o de agora. Estamos a punto de ter unha reforma e Galiza vai ser unha moeda de cambio máis. O partido que vai a seguir gobernando non vai a defender os nosos intereses, senón que estará sumiso diante das políticas da UE. Un exemplo vai ser o que farán co sector lácteo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Eleccions2012
comentarios