Xesús Domínguez, estafado das preferentes: ''Nin van impugnar o decreto de Rajoy nin van abrir investigación polas caixas''

Atribúe ao PP os 37.372 votos nulos e constata que neles ficou patente o rexeitamento a estas participacións colocadas por entidades como Novagalicia Banco, e asegura que para as persoas afectadas ''o panorama é o que tiñamos''
preferentes
photo_camera preferentes

Abriron o curso político canda o PP en Soutomaior e acompañaron a Feijóo en boa parte dos seus mítins de campaña. Após este 21 de outubro, nada muda. As 100 mil persoas afectadas pola fraude das preferentes seguirán a reclamar os seus aforros. "Esperaba este resultado, mais a situación é a mesma que tiñamos", valorou Xesús Domínguez, voceiro d@s estafad@s en Compostela.

Estivo nunha mesa electoral no Grove e constatou que a porcentaxe de voto nulo --37.372 en total en todo o país-- "foi para o PP e nel constatouse o rexeitamento ás preferentes e ao roubo dos nosos aforros".

Atribuíu os resultados electorais "á división do voto, que sempre foi a súa estratexia", e repasou o panorama que lles queda a quen reclama os cartos invertidos nestas participacións.

Así, sinalou Dominguez que "se non impugnaron o real decreto non o van facer agora, nin van abrir a comisión de investigación polas caixas", adiada tras adiantar os comicios de marzo de 2013 a este domingo.

Comentarios