IU califica o mandato de Feijóo de "trienio maldito" para Galiza

Yolanda Díaz, candidata de IU á Xunta, responsabiliza a Núñez Feijóo da perda de dereitos e prestacións d@s galeg@s

“Semella que remata o trienio maldito protagonizado polo señor dos recortes”, vén de afirmar Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Izquierda Unida-Esquerda Unida e candidata á Xunta de Galiza por esta formación. Para Díaz "tantos recortes sobre tantísimos colectivos e persoas ten como resultado un acelerado crecemento da débeda pública ao punto de multiplicar por dous esta débeda non tres anos de mandato. Recortes, endebedamento e caciquismo marcarán unha presidencia fracasada por se ter posto ao servizo dos intereses do capital e contra o seu propio pobo".

Para a executiva nacional de IU-EU, Feijóo é o áximo responsábel "do deterioro en dereitos fundamentais como a sanidade e a educación". A coalición califica ao presidente de "escravo dos dogmas neoliberais,que maltratou a educación, a sanidade e a dependencia sacrificadas no altar sanguinario do déficit público e as privatizacións, deixando facer no eido económico un destrutivo laissez-faire... que aparellou unha brutal destrución de emprego co seu correlato de pobreza e exclusión social. Todo elo desfacendo coa súa parálise aos sectores produtivos clave, dende o sector agrario ate o das enerxías renovables".

Comentarios