EU di que a súa proposta de 'Syriza galega' vai alén dunha "mera coalición electoral"

Esquerda Unida convoca para o martes o seu máximo órgano de decisión para analizar e decidir sobre a creación dunha alternativa "anticapitalista" con outras forzas de cara ao 21-O

Esquerda Unida afirma, a través dun comunicado, que a creación do que elas propias vén denominado 'Syriza galega'  vai moito máis aló "dunha mera coalición para ás elección da Xunta, trátase dun proxecto de longo percorrido na procura unha alternativa real que se defenda á cidadanía diante do poder económico", Deste xeito, desde EU avógase porque os contactos con Anova  non fiquen só nunha plataforma electoral, senón que vaian máis alá.

Esquerda Unida anuncia, alén diso, que vai convocar de urxencia ao seu máximo órgano de decisión, que se reunirá o martes, "para avanzar no proceso de converxencia coas diferentes forzas políticas da esquerda anticapitalista e o proceso electoral".

 Malia que os prazos son curtos e que o realmente importante, sinalan, "non é o proceso electoral senón construír os alicerces dun novo suxeito político e social que sexa quen de exercer políticas hexemonías de esquerdas".

Comentarios