Dous novos incumprimentos da lei elevan a nove as amoestacións da Xunta electoral ao PP

Son xa nove as veces que a Xunta electoral se viu na obriga e amoestar ao PP por incumprimento da Lei electoral. Vén de estimar as denuncias do BNG e PSOE contra unha campaña da Deputación de Pontevedra e unha visita da conselleira de sanidade ao Hospital de Vigo.

A Xunta electoral obriga a Deputación de Pontevedra a retirar a campaña de administración electrónica e diríxese aos membros do goberno de Feijóo indicándolles que non pdoen realizar actos como a visita da conselleira de sanidade, Rocío Mosquera, o pasado 4 de outubro ás obras do Hospital de Vigo. Estima así o organismo encargado de velar polo cumprimento da Lei electoral as denuncias do BNG e o PSOE e suma así nove amoestacións ao PP polo seu comportamento na precampaña e na campaña electoral.

Con anterioridade a xunta electoral prohibíralle ao PP unha campaña publicitaria sobre a paisaxe, chamáralle a atención sobre o anuncio de PEMEX considerado propaganda e visitas e inauguracións de carácter publicitario por parte de membros do goberno do PP.

Comentarios