CxG propón substituír as deputacións por mancomunidades de servizos

O candidato por Pontevedra de Compromiso por Galicia, o ex-popular Rafael Cuíña afirmou nun mitin en Pontevedra que  “a existencia das deputacións só se xustifica polo interese en manter prácticas clientelares”.
Público asistente ao mitin de CxG en Pontevedra
photo_camera Público asistente ao mitin de CxG en Pontevedra

No mitin de Compromiso por Galicia celebrado esta terceira feira en Pontevedra, o seu candidato por Pontevedra, o ex-popular Rafael Cuíña, avogou por suprimir as deputacións. Cuíña propuxo que os entes provinciais sexan substituídos por mancomunidades de servizos que xestionen diferentes actividades. Cun discurso en chave municipalista e sen referencia expresa á comarcalización do país, o cabeza de lista de CxG afirmou que “a existencia das deputacións só se xustifica polo interese en manter prácticas clientelares”.

O acto, en que Cuíña se mostrou certo de que a súa candidatura obterá representación no Parlamento --malia que practicamente ningunha sondaxe o sinale, contou tamén coa participación do candidato á residencia, Xoán Bascuas, quen insistiu nesa idea e lanzou a proposta de “ampliar o permiso de maternidade a seis meses e o de parternidade a un mes”.

Aliás, Rafael Cuíña e a súa equipa electoral visitaron tamén a sede do sindicato CSIF en Vigo, onde mantiveron un encontro cun grupo de afiliad@s.

Comentarios