CxG elaborará o programa nunhas xornadas

Compromiso por Galicia celebrará unhas xornadas na Biblioteca Ánxel Casal das cales sairá o seu programa electoral. 

 

A piques de se iniciar a campaña electoral e cando fica menos dun mes para as eleccions galegas, Compromiso por Galicia (CxG) celebrará unhas xornadas nas que a militancia e simpatizantes da organización acheguen propostas para dotarse do programa electoral con que concorrerán o 21-O.

As xuntanzas --que comezaron hoxe e rematarán a vindeira sexta-- foron presentadas en conferencia de prensa polo candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas e pola candidata número dous da Coruña, Xulia Guntín. Segundo Bascuas, o obxectivo da convocatoria é “encher de contido un programa transformador e realista” que abranga cuestións como “Pesca e Marisqueo”, “Sevizos Sociais” ou “Lingua, Cultura e Educación”. Nas xornadas intervirán como relaroras persoas especializadas nos devanditos ámbitos e integrantes das listaxes electorais da formación.

O formato das xornadas será de 25 minutos de exposición e 25 de debate e achegas por parte das persoas asistentes. Segundo Bascuas, os actos estarán abertos a toda a cidadanía e terán lugar na Biblioteca Municipal Ánxel Casal (Santiago de Compostela).

 

Comentarios