Continúa a menor participación en comparación con 2009

O secretario xeral da presidencia asegurou que ás 17 horas votou un 42,98% do electorado.
Terceira comparecencia
photo_camera Terceira comparecencia

Na terceira comparecencia do día, segunda para dar datos de participación, confírmase que ás 17 horas a participación segue sendo inferior á de 2009. Segundo datos proporcionados polo secretario xeral da presidencia, Valeriano Martínez, votou un 42,48% da poboación, cando en 2009 foi do 49,34%. Por provincias na Coruña votou un 41,12%, en Lugo un 43,27%, en Ourense un 46,11% e en Pontevedra un 42,61%.

Por cidades a participación na Coruña foi do 43,07% (no 2009 fora de 47,64%), en Vigo foi do 42,45% (no 2009 fora de 47,13%), en Pontevedra de 42,51% (49,74% en 2009), en Lugo 39,72% (48% no 2009) e en Ourense do 46,14% (54,84% no 2009).

Comentarios