Jorquera: "O BNG foi, é e será o referente alternativo ao PP"

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, recoñeceu na súa comparecencia o "forte revés" electoral, mais lanzou unha mensaxe contra o derrotismo ao situar a fronte como o eixo que "foi, é e será" alertanativa ao PP e parabenizar a militancia e cidadanía que confiaron nesta organización. Jorquera anunciou que o seu cargo está a disposición do que digan "@s compañeir@s" do BNG
Francisco Jorquera
photo_camera Francisco Jorquera

O candidato do BNG compareceu pasadas as dez e media da noite na sé nacional da fronte nacionalista para valorar os resultados das eleccións. Apoiado por candidat@s e simpatizantes da organización, Jorquera comezou a súa intervención agradecendo o traballo de militantes e simpatizantes do BNG nesta campaña e nstes anos, así como a participación da cidadanía galega, para alén de parabenizar as distintas organizacións polos seus resultados.

"Non vou poñer panos quentes, sabemos que é un forte revés", afirmou o candidato do BNG sobre os resultados da organización. Neste sentido, Jorquera indicou que "as campañas electorais non son 15 días, son 4 anos", incidindo en que ao longo dese período "o BNG proxecto diferenzas que culminaron nunha fractura", fractura que "por moito que houbese un traballo heróico da militancia" non se deu subsanado.

Desmobilizar, obxectivo do PP

A campaña d@s populares, proseguiu Jorquera, centrouse en "desmobilizar o votante crítico que quería un cambio". Neste fío, o nacionalista sinaloun que nesta cita electoral "entrou outra opción" (en referencia velada a AGE), á que felicitou polos resultados obtidos. Mais tamén sinalou que esa alternativa "foi promocionada desde as estructuras de poder" como contrapeso á alertantiva que supuña o BNG.

 Mais Jorquera mantivo unha mensaxe de esperanza e perseverancia, alén de coxunturas. Así, manifstou que o BNG "foi, é e será" a aposta altrnativa ao PP e comprometeu máis traballo e implicación "para sintonizar coa cidadanía".

Por referentes propios, tamén electorais

O candidato do BNG lembrou que a sociedade galega está sometida a un "profundo porceso de desgaleguización" que deixa pegada, entre outras cousas, na perda "dun marco galego electoral", o que castiga o nacionalismo.

Mais lonxe de derrotismos, Jorquera botou man do símil futbolístico para sinalar que "a equipa campioa é a que cando perde se levanta e volve esforzarse para gañar o partido".

Cargo

 Por último, Jorquera anunciou que o seu cargo "está a disposición do que dispoñan @s compañeir@s do BNG, pois non teño en política ningunha outra obriga nin compromiso que o que eles e elas me outorguen".