Eleccions2012

Bascuas simula ter participado no debate con Feijóo e Pachi Vázquez para 'coar' as propostas de CxG

Bascuas simula ter participado no debate con Feijóo e Pachi Vázquez para 'coar' as propostas de CxG

O candidato de CxG, Xoán Bascuas, tamén quixo estar no debate entre Feijóo e Pachi Vázquez. Non foi presencialmente, mais si mediante a achega das propostas de CxG en contraposición aos discursos de populares e socialistas
Xoán Bascuas
photo_camera Xoán Bascuas

Compromiso por Galicia non estaba convidado ao debate desta segunda na TVG entre o candidato popular, Núñez Feijóo, e o socialista, Pachi Vázquez. E non estivo presente. Cando menos no plató da Televisión da Galiza. Mais CxG si que quixo coarse no debate. Para iso, optou por simular como se estivese alí, debatindo con Feijóo e Vázquez. Fíxoo mediante un comunicado en que o seu candidato, Xoán Bascuas, foi debullando as propostas do programa de CxG en contraposición aos discurso de populares e socialistas.

Deste xeito, no primeiro bloque do debate, centrado na economía, Bascuas criticou a Feijóo por duplicar o desemprego na Galiza durante o seu mandato, alén de reprochar a Pachi Vázquez por non ser quen de dar alternativas reais e críbeis neste aspecto. Fronte a eles, o candidato de Compromiso afirmou que a formación galeguista apuntou que apoiaría proxectos empresariais de menores de 35 anos, así como pular por un Instituto de Crédito que permita que flua o crédito a pemes e autonómos.

O mesmo esquema foi seguido por Bascuas nos outros dous bloques. A idea mantíñase: contrapoñer aos feitos e/ou promesas electorais de Feijóo e Vázquez as alternativas que CxG leva no seu programa para o 21-O. Xa fose en benestar, en autogoberno, sanidade ou educación.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Eleccions2012
comentarios