As promesas incumpridas de #Feijóomentirán III falan da sanidade pública

Listaxes de agarda máis grandes e cun incremento de días de agarda, recortes e o repagamento son os temas deste terceiro capítulo do serial do BNG en Youtube.

O serial do BNG que denuncia o incumprimento das promesas electorais de Feijóo en vídeo chega ao terceiro capítulo. Nel abordan a situación actual da sanidade pública. O Partido Popular, e o daquela candidato Alberte Núñez Feijóo, prometera estabelecer “por Lei do Parlamento” que @s doentes nos agardarán “máis de 45 días para unha proba diagnóstica e máis de 60 días para unha operación cirúrxica.

En 2009 a listaxe de agarda estaba en 67 días, hoxe segundo o SERGAS, é de 80,3 días

“Despois de todos estes anos de goberno do PP”, sinalan neste episodio, “Feijóo incumpriu todas as súas promesas eleitorais nesta materia”. En 2009 a listaxe de agarda estaba en 67 días, segundo os propios datos do SERGAS, e hoxe segundo a mesma fonte, a espera media para operarse nun hospital público é de 80,3 días.

Comentarios