As asembleas de Anova apoian a creación dunha "fronte ampla" contra o PP

Empraza BNG, EU e as formacións "que compoñen CxG" a tomar unha decisión pois, di, "a oferta está lanzada"
Anova Irmandade Nacionalista
photo_camera Anova Irmandade Nacionalista

O Consello nacional de Anova reuniuse este domingo para valorar as decisións adoptadas polas asembleas comarcais desta organización a respecto das fórmulas para concurrir ao 21-O. As bases deron, sinala o voceiro de Anova, Xosé Manuel Beiras, a aprobación para traballar de cara á constitución do que denominan "fronte ampla" . Unha fronte que se configuraría coa participación, alén da propia Anova, BNG, IU e os partidos "que integran" CxG. Beiras sinalou que a oferta está lanzada e que son agora as outras partes as que teñen que tomar unha decisión. 

O voceiro de Anova afirma que a situación de "emerxencia nacional" en que está Galiza xustifica esa fronte e advertiu que "a cidadanía" será quen tome partido polo que calificou de "interese xeral" ou ben faino por "pola súa cortina".

Desavinzas?

Na chamada de Beiras hai unha referencia ás formacións integradas en Compromiso por Galicia e non a CxG como tal, o que pode apuntar a existencia de desavinzas nesta última organización a respecto de se uniren ou non con Izquierda Unidade e, nalgúns sectores, tamén co BNG. Os Ecogaleguistas serían máis proclives a formaren unha alianza electoral con IU, algo rexeitado por outros sectores de CxG.

Comentarios