Apertura das mesas electorais sen incidentes segundo a Xunta

Primeira comparecencia do secretario Xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, o o director xeral de Relacións Parlamentarias, Gonzalo Ordoñez, na que aseguraron que "a normalidade" é total "salvo algunhas pequenas incidencias normais"
Primeira comparecencia Xunta
photo_camera Primeira comparecencia na Sala de Prensa

O secretario Xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, o o director xeral de Relacións Parlamentarias, Gonzalo Ordoñez, compareceron diante da prensa para dar conta da primeira hora desta xornada electoral en Galiza. Nos tres minutos que durou Valeriano Martínez repetiu os datos do número de mesas e colexios electorais e afirmou que non houbo incidencias "salvo algunhas pequenas incidencias normais". 

Nun Colexio electoral de Lavacolla (Compostela) apareceu unha pintada nunha das paredes e as portas de entrada ao colexio electoral cun candado

A única incidencia rexistrada na apertura da xornada foi trasladada pola Delegación do Goberno e sucedeu nun Colexio electoral de Lavacolla (Compostela), onde apareceu unha pintada nunha das paredes e as portas de entrada ao colexio electoral cun candado. O resto de incidencias, segundo Valeriano Martínez, "foron entre titulares e suplentes nalgunha mesa".

A seguinte comparecencia será ás 12:30 horas.

Comentarios