AGE reúnese con organizacións animalistas

A coalición mantivo un encontro con varios colectivos de defensa dos dereitos dos animais en que recolleron as súas propostas.

Membros de Alternativa Galega de Esquerda mantiveron un encontro na Coruña con representantes de diversas organizacións animalistas. Na xuntanza transmitíronlle a AGE propostas en defensa dos animais, entre as que salienta o desenvolvemento dunha nova Lei de protección animal, que entre outros “vete a utilización de animais salvaxes para espectáculos”.

O coordinador comarcal de EU Coruña, César Santiso, recolleu as propostas formuladas por Libera, Fondation Franz Weber e Galicia Mellor Sen Touradas, serán asumidas para a súa incoporaración no programa de AGE.

Comentarios