A Convención Nacional do BNG en Sermos Galiza

Sermos Galiza desenvolverá unha cobertura especial do acto co que hoxe o BNG pecha a precampaña e celebra o seu trinta aniversario.

O Bloque Nacionalista Galego celebrará hoxe, domingo, unha Convención Nacional. O acto dará comezo ás 12h e terá lugar no Pazo de Congresos de Compostela. O evento, que se prevé masivo, servirá de peche da precampaña a poucas xornadas de que encete a campaña electoral. Contará coas intervencións d@s cabezas de lista provinciais, do Portavoz nacional, Guillerme Vázquez e máis do candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera. 

A Convención serverá á fronte nacionalista para celebrar o trinta aniversario da súa constitución. Conmemoración que terá como soporte a intervención de varios moz@s nacidos canda o Bloque e un audiovisual. Haberá espazo para a música galega, desta volta en forma de hip hop a través dun d@s seus maiores exponentes actuais.

Sermos Galiza desenvolverá unha cobertura especial da Convención nacionalista. Na conta de twitter @sermosgaliza, e co hashtag #ConvencionBNG, poderás seguir o acto en tempo real. Asemade, ao remate publicarase unha crónica completa e unha galería fotográfica.

Comentarios