26 papeletas diferentes para o 21-O

Un total de 26 forzas políticas presentan candidatura ás eleccións galegas. Só 13 concorrerán polas catro provincias galegas.
papeletas eleccións
photo_camera Interior dunha cabina de votacións coas papeletas

O Diario de Oficial de Galiza publica hoxe a relación completa das candidaturas que concorrerán ás eleccións autonómicas. O 21-O @s elector@s poderán optar entre un total de 26 opcións políticas, sete máis que en 2009. Porén, só a metade destas se presentan polas catro circunscricións galegas.

Terán papeletas en todos os colexios electorais de Galiza, alén das xa previstas --PP, BNG, PSOE, AGE, CxG, UpyD e CXXI--, o Partido da Terra, UCE, Escaños en branco, FE de las JONS, CDL. Finalmente, Sociedad Civil y Democracia --o partido de Mario Conde-- tamén presentará candidaturas en todas as provincias.

Ausencias

Máis non todo é engadido de novas candidaturas. Seis forzas que concorreran aos comicios de 2009 desta volta non se presentan. Nas papeletas do 21-O non figurarán os logotipos de Unión Centrista Liberal, Galicia Unida, Os Verdes, Asemblea de Votación Electrónica, + Galicia e NÓS-UP --ausencia da cal xa informamos días atrás-- .

Quen se presenta e onde?

Elaboramos o seguinte cadro explicativo onde se relacionan todas as candidaturas e por que circunscricións se presentan:

Comentarios