2.696.566 elector@s deciden hoxe o futuro de Galiza

Dous centros de recollidas de datos, San Caetano e a Cidade da Cultura, darán a coñecer ao longo do día as incidencias, os datos de participación e pola noite os resultados finais.
urna, eleccións,
photo_camera urna, eleccións,

O goberno galego realizará o seguimento desta xornada electoral, por primeira vez, desde dúas instalacións, San Caetano e a Cidade da Cultura. No edificio da Xunta está o centro de prensa, cun total de 178 xornalistas acreditados de 30 medios, e no segundo o operativo tecnolóxico e profesional de seguimento. Para o envío de datos nesta ocasión 2.700 representantes da Administración empregarán 1.700 PDAs, cunha cobertura do 72% das mesas, e teléfonos móbiles para o 28%. Todos os datos poderán seguirse en tempo real nesta web

A xornada electoral comezou ás 8.30 horas coa constitución das mesas, para abrir os colexios electorais ás 9:00 horas. As comparecencias do goberno galego serán ás 10:15 horas, con datos e incidencias do inicio da xornada, ás 12:30 horas e 17:30 horas cos datos de participación, e entre a as 21:30 e 22:00 horas daranse a coñecer os primeiros resultados da xornada electoral. Os resultados finais non se sabe a que hora estarán á espera dos datos dos residentes ausentes.

Para máis de 19.000 mozos e mozas será a primeira ocasión na que podan participar nunhas eleccións e 82.000 será a primeira vez que voten para escoller deputad@s ao Parlamento galego.

Censo electoral por provincias

Nestas eleccións ao Parlamento galego poderán votar, segundo os datos censais, 2.696.566 persoas das que 2.299.184 residentes no país e 397.382 no exterior. Dest@s residentes no exterior solicitaron o sufraxio 30.526 persoas, o 7,68% do electorado. Por provincias a que ten maior número de elector@s é A Coruña con 1.088.359 (950.458 no interior e 137.901 no exterior), seguido de Pontevedra con 893.539 (778.785 no interior e 114.754 no exterior), Ourense con 363.881 (275.156 no interior e 88.725 no exterior), e por último Lugo con 350.787 (294.785 no interior e 56.002 no exterior). Para máis de 19.000 mozos e mozas será a primeira ocasión na que podan participar nunhas eleccións e 82.000 será a primeira vez que voten para escoller deputad@s ao Parlamento galego.

Locais e mesas electorais

Hoxe abrirán 4.028 mesas electorais en 2.528 locais electorais. Por provincias A Coruña conta con 949 locais electorais e 1.566 mesas; Pontevedra con 705 locais electorais e 1.342 mesas; Ourense con 440 locais electorais e 557 mesas; e Lugo con 434 locais electorais e 563 mesas. Nelas distribuíronse 3,8 millóns de sobres para as 55 millóns de papeletas das 26 formacións políticas e 74 candidaturas que se presentan.

Comentarios