Redacción
17/out./12 - 21:30
Actualizado: 19/out./12 - 11:37
'Venha Galiza! Povo galego manda ao caralho o mentireiro'
Tardou, mais finalmente apareceu. O colectivo Sei o que nos figestes... vén de sacar do prelo a parodia do tema de campaña do PP, Galicia primeiro, que lle compuxo o grupo Los Limones e onde prima a rima fácil e a linguaxe sexista. A nova versión chama á poboación galega a acudir ás urnas o 21 de outubro para votar por calquera forza política agás polo PP para termos "un goberno de esquerda". Facendo mofa do lema 'Por riba de todo Galicia primeiro', a letra da parodia demanda que "por riba de todo botemos ao Alberto".