#feijóomentirán. As redes sociais lémbranlle ao presidente as promesas incumpridas

O BNG lanza #feijóomentirán, cos incumprimentos de Núñez Feijóo a respecto do naval como primeira entrega

As hemerotecas poden ser un dos grandes inimigos de Núñez Feijóo nesta (pre)campaña. Tres anos e medio de mandato en que as promesas e compromisos do presidente da Xunta obstentan un difícil record de incumprimentos. Conscientes deste feito, no BNG veñen de lanzar o serial #feijóomentirán en youtube. A primeira entrega céntrase no naval, un sector fulcral no país e que sabe ben a diferenza entre palabras e feitos cando de Núñez Feijóo se trata. No vídeo, de apenas dous minutos de duración, enlázanse imaxes "do que dixo" e "o que fixo" en relación co naval. Desde o dique flotante, ao tax-lease, pasando polas promesas sobre a carga de traballo de Pemex.

Comentarios