A zona euro entra oficialmente en recesión

É a segunda vez en tres anos que a zona euro se atopa nesta situación.

A zona euro xa está oficialmente en recesión, por segunda vez en tres anos, ao rexistraren unha queda do seu PIB (Producto Interior Bruto) de 0,1% no terceiro trimestre do ano. Os técnicos definen a unha recesión cando se rexistran dous trimestres consecutivos de contracción da actividade económica.

En ritmo interanual, a contración do PIB da zona euro foi 0,4%, indicou Eurostat. "Todo isto non fai máis que confirmar unha double dip recession (recaída na recesión apenas se sae doutra previa), algo moi temida polos mercados desde hai meses", indicaron fontes financeiras.

 A recesión vén en parte motivadapolos números vermellos de estado español, Portugal, Italia e Grecia, que intentan cumprir coa política de austeridade dictada desde Bruxelas. Mais tamén, e neste trimestre, economías tan poderosas como a de Alemania sofreron unha desaleración.

Comentarios