A xustiza obriga a Povisa a aplicar o convenio colectivo, e non o provincial

A empresa viña, desde o 24 de xullo, aplicando o convenio provincial, o que supuña importantes recortes de salarios e dereitos para os e as traballadoras. O comité de empresa acordou suspender a folga a partir das 22:00 horas do domingo após esta sentenza

Persoal de Povisa en Samil
photo_camera Persoal de Povisa en Samil

A sentencia do Xulgado do Social número 5 de Vigo obriga á empresa a aplicar o convenio colectivo ao cadro de persoal, e non o provincial, como viña facendo desde o 24 de xullo. Un fallo xudicial que vén dar a razón aos e ás traballadoras do centro hospitalario, que desde o pasado 19 de xullo protagonizan unha folga indefinida. Obriga a empresa a suspender a aplicación do devandito marco laboral para retornar ao convenio propio que tiña o centro, en cumprimento da cláusula de ultraactividade

A convocatoria de folga chegou despois de racharen as negociacións para o novo convenio entre os sindicatos e a patronal do centro, que pretendía impor grandes regresións salariais e en dereitos consolidados.

Por mor da reforma laboral, e unha vez expirado o acordo, a dirección impuxo unilateralmente o convenio provincial, que supón entre o 40 e o 52% de mermas salariais, así como a supresión da maior parte de cláusulas propias que contiña o acordo de empresa, coa conseguinte involución en todos os sentidos.

@s empregad@s, que decidirán en asemblea se continúan coa folga, coñeceron a sentenza mentres participaban nun mercadiño solidario para recadar fondos.

Comentarios