venres 17.01.2020

A xustiza europea valida o acordo de pesca entre UE e Marrocos

A xustiza europea valida o acordo de pesca entre UE e Marrocos

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) vén de ditaminar que o acordo de pesca entre a UE e Marrocos é “válido”, xa que non é aplicábel ao Sáhara Occidental nin ás augas adxacentes a este.

A sentenza pronúnciase, logo, en senso contrario con respecto ás conclusións previas do avogado xeral, que en xaneiro indicaba que o protocolo non era válido.

O TUE declara que as augas adxacentes ao territorio do Sáhara Occidental non están comprendidas na zona de pesca marroquí pois este territorio non fai parte do reino de Marrocos. Así pois,ditamina que os actos da UE que se refiran á aplicación do acordo de pesca son válidos.

Rabat recibe 40 millóns de euros anuais por un acordo que permite faenar nesas augas 120 embarcacións das cales por volta de 90 son da frota do estado español. Andalucía, Canarias e Galiza son os territorios con buques atinxidos por ese acordo.

comentarios