A Xunta turra das orellas a Jove polas obras na contorna do Pazo de Xaz

Aplu insta ao empresario inmobiliario a protexer a contorna do Pazo de Xaz, en Oleiros.
Oficina de vendas de Avantespacia (Avantespacia).
photo_camera Oficina de vendas de Avantespacia (Avantespacia).

A Xunta, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu), remitiu ao Concello de Oleiros unha serie de actuacións informativas para a "reposición da legalidade urbanística" na contorna do Pazo de Xaz, propiedade do empresario Manuel Jove, segundo informa a Asociación de Emprendedores de Galicia (Ascega).

Nun comunicado, esta entidade sinala, en base á documentación da Administración galega, que existen "unha serie de obras" executadas na contorna do Pazo de Xaz "que non se axustan á licenza para a que foron outorgadas". O organismo lembra ao respecto que é o concello "o que ten a responsabilidade de incoar un expediente que repoña a legalidade urbanística xa que as obras non se axustan ás condicións previstas", explica Ascega.

O Pazo de Xaz, que data de principios do século XVI, é un dos seis espazos catalogados como Bien de Interese Cultural (BIC) en Oleiros. "Existe polo tanto a obriga por lei, de solicitar permiso á Xunta para levar a cabo calquera obra neles ou na súa contorna", asegura a asociación de empresarias.

Tamén precisa que se fixo unha inspección no citado inmoble e "constatouse a existencia dunha serie de construcións prefabricadas que albergan vodas e banquetes" sen que, segundo esta entidade, "haxa noticias de que en Patrimonio se teña realizado unha petición para levar a cabo eses cambios en Xaz.

Novos solos

Namentres, o empresario segue coa súa aposta no ladrillo. A través de Avantespacia, Jove vén de ampliar a súa carteira con dous novos solos en Málaga, onde poderá levantar 40 vivendas no que será o seu terceiro desenvolvemento na cidade,  e Granollers, cunha parcela de 4.430 metros cadrados onde prevé construír 42 vivendas.

Comentarios